Libro «Guía das plantas con flores de Galicia (I)»

Descripción

Guía das plantas con flores de Galicia (I)

 

MONTES E FONTES Guía das plantas con flores de Galicia (I) Xosé Ramón García XERAIS

MONTES E FONTES

Galicia posúe unha riqueza florística aínda non suficientemente coñecida polo gran público. Velaquí unha obra, en dous volumes, concebida coma unha guía de campo para o afeccionado ou curioso que queira achegarse ó mundo da botánica e ter un maior coñecemento da nosa flora.

Esta guía é unha ferramenta indispensable para identificar as máis das plantas con flores galegas. O usuario, empregando as chaves dicotómicas que propón o autor e axudado polas detalladas descricións, numerosas fotografías a toda cor, vocabularios e índices, poderá identificar e diferenciar cada unha das 861 especies que se analizan na obra.

Xosé Ramón García, investigador e divulgador de temas botánicos, percorreu durante máis de dez anos a xeografía galega. Herborizou, fotografou especies, tomou inumerables notas, debuxou e intercambiou experiencias cos seus compañeiros do Grupo Botánico Galego e con outros especialistas ata ofrecernos esta guía que axudará a tódolos que queiran mellor coñecer esta parte do noso patrimonio natural.

ISBN 84-7507-581-9 EDICIONS XERAIS DE GALICIA

Galicia posee una riqueza florística aún no suficientemente conocida por el gran público. He aquí una obra, en dos volúmenes, concebida como una guía de campo para el aficionado o curioso que quiera acercarse al mundo de la botánica y tener un mayor conocimiento de nuestra flora.

Esta guía es una herramienta indispensable para identificar la mayoría de las plantas con flores gallegas. El usuario, empleando las claves dicotómicas que propone el autor y ayudado por las detalladas descripciones, numerosas fotografías a todo color, vocabularios e índices, podrá identificar y diferenciar cada una de las 861 especies que se analizan en la obra.

Xosé Ramón García, investigador y divulgador de temas botánicos, recorrió durante más de diez años la geografía gallega. Herborizó, fotografió especies, tomó innumerables notas, dibujó e intercambió experiencias con sus compañeros del Grupo Botánico Gallego y con otros especialistas hasta ofrecernos esta guía que ayudará a todos los que quieran conocer mejor esta parte de nuestro patrimonio natural.

ISBN 84-7507-581-9 EDICIONES XERAIS DE GALICIA